Cores Tourís sostén que a Xunta inviste 2 millóns de euros nos centros educativos de Pontevedra
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, respondeu este mércores ás críticas efectuadas polo voceiro do PSOE de Pontevedra, Agustín Fernandez, en relación á exclusión de Pontevedra do convenio asinado recentemente pola Consellería de Cultura e Educación, a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia.
Corres Tourís recordou que as grandes cidades non entraron dentro deste plan de obras xa que a Deputación de Pontevedra conta con convenios concretos que permiten desenvolver obras e servizos, "tal e como debería saber o señor Fernández que é, ademais, concelleiro na súa vila,".
Lamentou que Agustín Fernández falte á verdade sobre os investimentos da Xunta que leva máis de 3 millóns euros dirixidos a centros educativos da cidade aos que, segundo expuxo, haberá que sumar os outros dous que irán destinados a melloras ao longo deste mesmo ano.
O delegado sinalou que os traballos de mantemento corresponden ao Concello e que "nin sequera estes traballos se están a facer como se debe, xa que tivemos que afrontar proxectos de profunda reforma, como foi o caso do Froebel, por danos causados a causa da falta de limpeza e mantemento, labor que corresponde ao señor Fernández", explicou Cores Tourís.
Relacionadas:
-
Potenciar o CEIP Príncipe Felipe, solución do PP para a escolarización na zona leste
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas esixen á Xunta que remate as obras do colexio Froébel
Por Redacción |
-
Agustín Fernández acusa á Xunta e á Deputación de non afrontar obras nos colexios públicos de Pontevedra
Por Redacción |