Unha parte do 22.343, un quinto premio, vendido en Meis e Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A administración de Vilanoviña, 10 na parroquia de Paradela, Meis vendeu unha parte do 22.343.
Trátase dun quinto premio, 6.000 euros ao décimo.
O bar Casa Samuel, en Vilanoviña, repite por segundo ano consecutivo fortuna con outro quinto premio, tamén acabado en 43.
O propietario do establecemento, Alfonso Branco, coñeceu a noticia pola pulpeira, que entrou correndo no bar anunciando o premio.
Trátase dun único décimo vendido por máquina. Alfonso Branco presume de repartir hai anos en O Salnés un millón de euros a través da Bonoloto.
Tamén en Pontevedra na administración da rúa Eduardo Pondal vendeuse un décimo e outro décimo máis na administración da rúa Peregrina.
A propietaria da administración da rúa Peregrina, María do Carmen García Cabezudo, confirmou que o décimo foi vendido por máquina "son clientes que buscan un número concreto porque coincide co nacemento dun fillo, o día da voda, ou unha circunstancia especial"