A Deputación reparará a 'oxidada' ponte da Gándara, na Xunqueira de Alba
Por Redacción
A ponte da Gándara, que cruza sobre o río Rons na zona da Xunqueira de Alba en Pontevedra, está, a xuízo do presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, "oxidado e nun estado lamentable" e necesita unha urxente actuación para mellorar a súa seguridade vial e a fluidez de tráfico entre a estrada de Santiago e a estrada de Vilagarcía. Para poñer fin á situación, este venres anunciou unha obra de mellora na que se investirán 130.535 euros.
A actuación é froito dun acordo entre a Deputación e o Concello de Pontevedra que inclúe tamén outros dous proxectos de mellora e pavimentación para as estradas que comunican Pedra do Lagarto e Marcón e Mollabao con Sixto. Ambos os dous figuran la listaxe de viais provinciais que hai sete anos foron cedidos ao Concello, de modo que a súa titularidade é agora municipal, pero Louzán indicou que se trata de infraestruturas que inflúen nas comunicacións de varios concellos da comarca, de modo que asumirán o seu financiamento. As tres actuacións irán ao vindeiro pleno da Corporación por un custo total de 556.836 euros.
En relación coa ponte da Gándara, o presidente provincial insiste en que se trata dunha actuación "prioritaria e necesaria para favorecer unha mellor comunicación coa estrada Pontevedra-Vilagarcía" e lembra que esa vía axuda a desconxestionar o tráfico do Nó dos Bombeiros de Pontevedra.
O proxecto contempla a reparación e/ ou reconstrucción da ponte co fin de garantir a súa perfecta conservación, para o que se manexaron tres opcións distintas que aínda haberá que concretar no proxecto final, e en función dos permisos ambientais que se reciban. Trátase dunha zona cuya protección depende de tres administracións distintas, afectada pola Lei de Costas e declarada zona protexida ó ser un espazo natural de interese local (ENIL).
O obxectivo da obra é mellorar a plataforma da ponte para garantir a seguridade do tráfico rodado e de peóns, pois Louzán insiste en que presenta un estado "desastroso" e "cando pasas por alí tes a sensación de vai caer".
Na actualidade, só permite a circulación dun vehículo e esquece os peóns, de maneira que a reforma inclurá a instalación dun paso independente para peóns, a posible mellora das condicións de desaugue baixo a infraestuctura e a o acondicionamento da conexión entre as sendas que hai a ambos lados do río. Tamén se plantexa aumentar a resistencia e mellorar o desaugue do río sen variar as rasantes nin o leito.
Relacionadas:
-
A vindeira semana cortarase ao tráfico a ponte da Gándara
Por Oskar Viéitez |
-
Nun mes empezarán as obras na Ponte da Gándara sobre o río Rons
Por Redacción |
-
A Ronda Leste sairá a licitación a vindeira semana
Por Redacción |
-
O Pleno provincial aproba o convenio co Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación incluirá no convenio co Concello a mellora dos accesos á Comandancia da Garda Civil
Por Oskar Viéitez |