Unha Noiteboa pasada por auga e en alerta amarela ata medianoite
Por Redacción
A Noiteboa adoita ser unha celebración familiar que en Pontevedra apenas saca a xente á rúa unha vez que se vai o sol. Os poucos que opte por unha noite de marcha despois das celebracións familiares ou quen teñan que desprazarse en coche para acudir ás ceas tradicionais deberán extremar as precaucións nos desprazamentos, pois vivirán unha celebración pasada por auga.
As predicións de Meteogalicia sitúan en toda Galicia, pero, fundamentalmente, na Coruña e Pontevedra, un tempo marcado pola inestabilidade e por unha fronte fría que traerá descenso de temperaturas e chuvias este luns.
Segundo este ente dependente da Consellería de Medio, os ceos estarán cubertos durante toda a xornada e haberá precipitacións de intensidade moderada, que serán localmente fortes nas provincias atlánticas. As precipitacións serán de neve nas cotas máis altas da Comunidade a última hora, se ben se espera que este fenómeno non afecte a Pontevedra e as bisbarras estremeiras.
As prediccións motivaron que dende as 9.00 horas deste luns e ata a media noite está activada a alerta amarela por chuvias, que poderán ser superiores aos 40 litros por metro cadrado en Pontevedra.
Os ventos soprarán do sueste, fortes no litoral e nas zonas altas, e moderados no resto. As temperaturas sufrirán un descenso, lixeiro no caso das mínimas e moderado no das máximas.