Ferido nun atropelo en pleno centro de Sanxenxo
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida a primeira hora deste luns tras ser atropelada en pleno centro de Sanxenxo. En principio, non reviste gravidade, pero os datos están por confirmar.
Segundo ten informado o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112, o accidente produciuse ás 9.52 horas á altura do número 8 da rúa Progreso.
A alerta deuna Urxencias Médicas de Galicia-061 e foron mobilizados unha ambulancia, a Policía Local e Protección Civil de Sanxenxo.
O Servizo Local de Xestión de Emerxencias del Concello de Sanxenxo desprazou medios ao lugar.