Fomento "estuda" o proxecto para unir peonilmente Pontevedra e Marín
Por Oskar Viéitez
"Lo estoy estudiando", así de breve resolveu a ministra de Fomento, Ana Pastor, a pregunta sobre o informe da Garda Civil de Tráfico que recomenda pechar os ciclistas a autovía a Marín (a PO-11) dada a súa "alta perigosidade".
O tema foi formulado "abertamente", polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, á ministra "porque é un tema que me preocupa".
O almorzo informativo organizado este luns en Pontevedra serviu ao rexedor para pedir ao titular de Fomento a firma dun convenio para construír un paseo entre Pontevedra e Marín, seguindo o proxecto xa redactado que conta co respaldo da alcaldesa de Marín, María Ramallo.
"Pontevedra estaría mesmo disposta a participar economicamente", remachou o rexedor capitalino.
Ante a falta de alternativas para reformar a autovía e o problema de seguridade vial existente, Fernández Lores propón a construción deste paseo peonil ata a vila mariñeira, que segundo os técnicos municipais tería un custo de entre 3 e 4 millóns de euros, dependendo que tramos en desuso do vello trazado que se poida aproveitar.
O concelleiro do PSOE e candidato á Alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, criticou esta actuación por ser "especialmente agresiva paisaxística e ambientalmente" xa que "obrigaría a construír centos de estacas directamente sobre o leito da ría". Agustín Fernández insiste en que a proposta dun carril bici e peonil entre Pontevedra e Marín "debe ter criterios máis medioambientais".
Relacionadas:
-
Pedaladas e Masa Crítica elaboran a súa propia proposta para un paseo peonil e ciclista Pontevedra-Marín
Por Redacción |
-
Costas inicia os trámites para avanzar no paseo peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín
Por Redacción |
-
Agustín Fernández acusa a BNG e PP de "botar fume electoral" coas súas propostas para crear vías verdes
Por Redacción |
-
Louzán desvela que o Goberno ten "moi avanzado" o proxecto de paseo peonil e ciclista entre Pontevedra e Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Multitudinaria pedalada para pedir unha vía peonil e ciclista segura entre Pontevedra e Marín
Por Natalia Puga |
-
Un informe de Tráfico aconsella prohibir o paso de peóns e ciclistas pola autovía de Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Falece un ciclista atropelado por unha furgoneta na Autovía de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada