O SUP alerta dunha "merma da presenza policial" na cidade a partir de xaneiro
Por Redacción
A partir do próximo mes de xaneiro a Policía Nacional verá minguada a súa presenza e patrullas polas rúas de Pontevedra. Así o alerta o Sindicato Unificado de Policía (SUP), que atribúe esta redución da seguridade a que os policías deberán asumir a custodia de presos.
"A partir do día 1 de xaneiro, os funcionarios da Comisaría Provincial de Pontevedra deberán facerse cargo da custodia dos internos da prisión da Lama, ou de calquera outro centro penitenciario que acudan á cidade para a realización de xestións extrapenitenciarias, tales como dilixencias xudiciais ou asistencia a xuízos, ingresos hospitalarios ou calquera outro lugar debidamente autorizados," indican dende o sindicato policial.
Estas tarefas asumíaas ata agora a Garda Civil, de modo que ao pasar a ser unha competencia da Policia Nacional, "asumir estas funcións vai supoñer unha importante mingua na presenza policial nas rúas da cidade, especialmente no labor preventivo da comisión de feitos delituosos".
O sindicato policial explicará o próximo mércores "de que forma lle vai afectar tal medida" aos pontevedreses.
Relacionadas:
-
Alertan de que a custodia dunha media de sete presos diarios reduce a presenza policial na rúa
Por Natalia Puga |
-
Carbón para o Goberno polos recortes aos funcionarios policiais
Por Diego Espiño |
-
A custodia de presos na cidade pasa da Garda Civil á Policía e "genera duplicidad de funciones"
Por Natalia Puga |
-
Facenda devolverá aos funcionarios as cotizacións da extra de decembro
Por Oskar Viéitez |