Pontevedra mantense nova e reacia ao matrimonio
Por Oskar Viéitez
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) seguen sendo positivos para o Concello de Pontevedra.
Na cidade do Lérez, por exemplo, hai máis nacementos que defuncións, é a única cidade de toda Galicia na que isto ocorre.
Unha curiosidade, nunha década o número de vodas caeu un 35%. Nin civís nin relixiosas, os pontevedreses son reacios a casarse.
Pontevedra pecha o ano cunha poboación oficial de 82.684 habitantes, segundo o último padrón aprobado polo Consello de Ministros.
En Galicia quedámonos en 2.781.498 habitantes, 13.924 persoas menos das que eramos un ano antes. A explicación deste descenso está na emigración, multiplica por seis a experimentada xusto un ano antes.