Preocupación nas autoridades ante o aumento de falecidos nas estradas pontevedresas
Un total de 29 persoas perderon a vida en 2014 nas estradas da provincia de Pontevedra. ÿ un lixeiro ascenso con respecto ao ano anterior, no que houbo 28 mortos en accidentes de tráfico. Así o avanzaron o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, e a xefa provincial de Tráfico, María Isabel Alonso de Linaje Calzada, que compareceron ante os medios antes da reunión da Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Viaria.
Nesta sesión, na que participaron representantes da administración central e autonómica e as policías locais de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, analizáronse as cifras definitivas de siniestralidad viaria. Nelas, constátase que o aumento dos accidentes mortais prodúcese especialmente nas vías urbanas, onde se rexistran oito falecementos fronte os seis de 2013. O resto (21) perderon a vida en vías interurbanas.
A xefa provincial de Tráfico lamentou ademais as cifras que arroxa os primeiros meses de 2015, onde se chegan a triplicar os falecidos con respecto ao exercicio anterior. Especialmente preocupante foi o mes de xaneiro, "con seis fallecidos en tres días consecutivos". Aínda así, reiterou que a análise destes datos non se debe limitar a espazos de tempo tan pequenos e mostrou a súa esperanza de que esta tendencia se corrixa ao longo do ano.
En canto aos accidentes en vías interurbanas -os únicos cuxos datos dependen unicamente da Subdelegación-, producíronse en total 3.796 sinistros. Trátase dun número similar ao de 2013. Pero en cambio aumentaron as vítimas persoais. Un total de 1.855 destes accidentes (un 48,86%) contaron con feridos. En concreto, houbo que atender a 2.843 persoas, das cales 287 tiñan feridas que revestían gravidade. 59 destes últimos eran peóns e 228 condutores e pasaxeiros dos vehículos implicados nos accidentes.
Pola súa banda, o subdelegado do Goberno destacou que a saída de vía constituíu o tipo de accidente que máis vítimas e de maior gravidade xerou en 2014 en estrada. Polo que respecta ás colisións, por alcance e a frontolateral, ocasionaron, por esta orde, o número máis elevado de vítimas.
A distracción aparece como primeiro factor concurrente nos accidentes con vítimas en vías interurbanas, seguido da velocidade excesiva ou inadecuada e, en terceiro lugar, como causa desencadenante do accidente figura non respectar a prioridad de paso.
O incremento na circulación rexistrado na provincia, sumado ao envellecemento dos vehículos son só algúns dos factores que inciden na sinistralidade. Aínda que sexan diversas as causas que levan á mesma, os datos estatísticos reflicten que a franxa de idade con maior número de vítimas sitúase entre os 25 e os 54 anos e a maioría de falecidos en vías interurbanas pertencen ao sexo masculino.
Por outra banda, a accidentalidade distribúese de xeito bastante uniforme entre todos os días da semana. Só o 19% dos accidentes mortais ocorridos en vías interurbanas rexistráronse en fin de semana e, fundamentalmente, en desprazamentos de curto percorrido e en horario diurno.
Os datos analizados pola Comisión servirán de base para deseñar campañas específicas tendentes a atallar as causas de siniestralidade, con maior presencia da Garda Civil naqueles lugares e momentos nos que se detecta maior accidentalidade e coa colaboración de todas as administracións implicadas. Incidirase na visibilidad de peóns, no uso do cinto e dos sistemas de retención, ou en trasladar aos condutores a necesidade de adecuar a condución ao tipo de vía pola que se circula e ás circunstancias concretas que se dan en cada caso.
Relacionadas:
-
Un radar móvil controlará a velocidade en zonas "sensibles" da cidade durante quince días
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Un mozo de 27 anos falece ao saírse da vía de madrugada en Portas
Por Redacción |
-
Falece un ciclista atropelado por unha furgoneta na Autovía de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Falece unha muller atropelada por un turismo en Poio
Por Redacción |
-
Falece un home nun accidente de tráfico na Variante de Marín
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |