O "Mercado da estrela" aterra en Pontevedra
Por Redacción
Tralo éxito acadado na súa edición de Santiago de Compostela, onde foi visitando por máis de 3000 persoas, o Mercado da estrela reproducirase esta fin de semana na cidade do Lérez para seguir apostando polo talento galego.
A cita será este vindeiro sábado día 29 e domingo 30 de decembro no Centro Cultural Nova Caixa Galicia - Café Moderno de Pontevedra en horario de 11 a 14 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
O Mercado da estrela aglutinará ocio, compras, solidariedade e novas tendencias reunindo a artistas, emprendedores e artesáns para dar a coñecer as súas coleccións, e que o seu talento se convirta en agasallo de Nadal.
Ilustración, moda, complementos, decoración, fotografía, repostería ou cosméticos exhibiranse en stands de "ecodeseño" elaborados de xeito exclusivo para o o evento imitando a apariencia dos carballos galegos na estación invernal.
O Mercado da Estrela contará cun concurso de Photocall e obradoiros lúdicos para fomentar a creatividade entre os visitantes de todas as idades.
Habilitarase así mesmo un espazo para a soliedariedade, no que agrupacións de axuda aos máis desfavorecidos darán a coñecer as súas actividades, e tratarán de captar voluntarios e obter doazóns económicas.