Estrelas televisivas recadarán fondos para Xuntos nunha gala benéfica
Por Redacción
Estrelas televisivas como os ex concursantes do programa 'La Voz' Yhadira, Isabel Barria e Hugo axudarán a recaudar fontos á asociación de familiares de persoas con síndrome de Down de Pontevedra, Xuntos, na súa gala benéfica anual.
O evento celebrarase o 3 de xaneiro ás 20.30 horas no auditorio do Pazo da Cultura e as entradas terán un prezo de oito euros para adultos e catro euros para nenos de ata 12 anos.
Na gala benéfica tamén participará a orquesta Pontevedra e as entradas xa poden adquirirse no local da asociación situado na rúa Rouco (número 1, 2º piso) ou no rastro solidario que ten a entidade na rúa Benito Corbal número 12.