Marea Pontevedra dá por seguro que entrará na próxima corporación municipal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
A dez días do inicio da campaña electoral, o coordinador de Marea Pontevedra, Xoán Hermida, acompañado do responsable de finanzas, Esteban Rey, presentaron os obxectivos políticos, materiais e elementos gráficos, ademais das cuestións técnicas e financeiras da campaña.
A Marea Pontevedra presenta os lemas "ÿ posible, unha nova Pontevedra" e "Precisamos varrer ós PTV", entendendo por PTV, os Políticos de Toda la Vida.
Destinarán un total de 8.000 euros á campaña, xa que entenden que a "austeridade, autofinanciamento e transparencia", deben ser os eixes que guien os seus pasos de cara á cita electoral de maio. O diñeiro recadarase a través de achegas dos membros, de "achegas con devolucións", ou do diñeiro que se obteña da venda de obras de arte, "sen créditos nin axudas de Madrid nin contas en Suíza", dixo Esteban Rey.
En canto aos obxectivos políticos, Xoan Hermida apunta, en primeiro lugar "entrar na corporación" algo que dan por "seguro". Despois aspiran a "ser motor do cambio" e tamén "crear sinerxias coas outras mareas cidadáns" de cara aos comicios autonómicos.
Hermida sinala que nos encontramos nun "período de cambio" que marca o "fin dun ciclo sustentado pola casta" e neste sentido, Marea representa "aos estafados da crise" que en Pontevedra son "17.000 pontevedreses que están no limiar da pobreza".
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra reivindícase como "os que mellor escoitamos o berro de rebelión do 15-M"
Por Redacción |
-
Marea esixe a Lores o cesamento de César Mosquera polo "gran fracaso" do PXOM
Por Alejandro Espiño |
-
Marea denuncia as "agresións" á liña marítima e propón declarar a Ría como reserva da biosfera
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra protagoniza unha xornada festiva na Praza da Pedreira
Por Diego Espiño |
-
As mareas de Pontevedra e Marín apostan por unha xestión conxunta e pública do lixo
Por Diego Espiño |
-
Marea Pontevedra financia a súa campaña coa venda de obras de estudantes de Belas Artes
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |