Fomento evita dar prazos para as obras do enlace de bombeiros coa autoestrada
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Fomento evitou fixar un prazo de finalización para as obras do enlace do nó de Bombeiros coa autoestrada AP-9, así como a sinalar cando se procederá á execución destas e cal será o investimento total deste proxecto.
Nunha resposta parlamentaria ao deputado socialista por Pontevedra, Guillermo Meijón, o Executivo limítase a contestar que "estas obras serán executadas, logo de subscrición do necesario convenio, pola sociedade concesionaria da AP-9" e que "o prazo final para a execución das obras se determinará na oferta que resulte adxudicataria no proceso de licitación".
Ademais, responde que o investimento total do proxecto será a suma do importe da adxudicación e execución das obras, así como das asistencias técnicas necesarias e do importe que se aboe por expropiacións.
Meijón critica que "a resposta do Ministerio de Fomento está moi afastada do anuncio electoralista realizado frivolamente hai case dous meses polo presidente da Deputación, Rafael Louzán". Recorda así que Louzán anunciou a principios do pasado mes de marzo que esta actuación estaría finalizada a finais de 2016 ou principios de 2017 como moito.
Relacionadas:
-
As "tarefas pendentes" de Ana Pastor
Por Oskar Viéitez |
-
A Ronda Leste sairá a licitación a vindeira semana
Por Redacción |
-
Seis millóns de euros para a reforma do nó de Bombeiros e os accesos á AP-9
Por Alejandro Espiño |
-
Meijón pregunta a Ana Pastor cando concluirá o enlace de Bombeiros coa AP-9
Por Redacción |
-
O Nó dos Bombeiros tamén será apto para os peóns
Por Redacción |