Barullo no Parlamento pola prórroga de ENCE
Por Oskar Viéitez
O Pleno do Parlamento galego acolleu este mércores unha tensa sesión a raiz do debate entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, sobre a prórroga da concesión da empresa Ence para que siga na súa actual localización na ría de Pontevedra.
A ex presidenta da Asociación pola Defensa da Ría, Leonor González Prieto, coñecida cariñosamente como Nené, que presenciaba a sesión plenaria reaccionou lanzando panfletos para pedir que se impida a prórroga de Ence en Lourizán.
Tras este xesto, os servizos de seguridade do Parlamento obrigárona a abandonar a sala.
A reacción de Nené González xurdiu despois de que o presidente da Xunta admitise que está "nunha encrucillada", pois esixir a Ence a súa saída da ría de Pontevedra levaría consigo o "peche" da factoría e, con el, Galicia se quedaría "sen industria transformadora de papel", mentres tanto Jorquera, reprochaba ao mandatario que non "ten palabra", xa que o traslado da pastera estaba incluído no programa do PPdeG.
Feijóo puntualizou que "a alternativa" a que se manteña en Lourizán "non é o traslado", senón "o peche" e formulou os deputados nacionalistas: "Dicímoslle a 800 familias que viven de Ence que se quedan sen traballo? ", dixo.
Pola súa banda, Jorquera lamentou que a solución da Xunta "é que Ence siga contaminando a ría de Pontevedra", acusando a Feijóo de "oficiar como delegado" da empresa en Galicia e se preguntou se esta actitude garda relación co número de exdirixentes populares que teñen asento no seu consello de administración, en referencia á ex ministra de Medio, Isabel Tocino e o ex conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, Carlos del Álamo.
"Abandone as portas xiratorias e defenda Galicia", díxolle o BNG a Feijóo.
O presidente do Executivo galego contestou cunha referencia ao alcalde de Pontevedra, o nacionalista, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurando que "cando un se vai recoller un premio a Dubai ou a Nova York", en referencia a galardóns concedidos ao urbanismo de Pontevedra, "esquece onde vive". "Eu vivo en Galicia", proseguiu, "ou pecha, ou se mantén superando os estritos controis ambientais".
E para concluír, recordou que o bipartito de socialistas e nacionalistas emitiu en 2008 a declaración de impacto ambiental integrado a Ence. "Entón non contaminaba e agora si?", finalizou.
LORES RESPONDE EN TWITTER
A resposta do alcalde de Pontevedra chegou vía Twitter, rede social na que sinalou que "a prórroga de Ence supón regalar 1.000 millóns a vos seus propietarios. Moitos hai agardando para pillar cacho".
A prórroga de Ence supón regalar 1.000 millóns a os seus propietarios. Moitos hai agardando para pillar cacho. pic.twitter.com/tCDuRUWq4n
— Miguel Anxo F. Lores (@Lorespontevedra) abril 29, 2015
Relacionadas:
-
Costas responderá ás alegacións de Defensa da Ría sobre a contaminación ambiental de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera fía a un cambio de goberno en Madrid a "única esperanza" de frear a ENCE
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
ENCE ule mal tres minutos e medio ao día
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE ule mal tres minutos e medio ao día
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Luis Arregui: "Ence no va a defraudar a Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores: "A Núñez Feijóo impórtalle un bledo o que pensan os pontevedreses sobre ENCE"
Por Alejandro Espiño |