150 xinetes participan na ruta cabalar entre Sanxenxo e Sabucedo
Por Oskar Viéitez
Os vindeiros días 1 e 2 de maio preto de 150 xinetes percorrerán as terras que unen a comarca do Salnés coa de Tabeirós Terra de Montes na III Ruta Cabalar, que sairá da Ermita da Lanzada en Sanxenxo, ás 9.30 horas da mañán do 1 de maio, e rematará en Sabucedo (A Estrada) ao día seguinte.
A Ruta Cabalar Salnés – Tabeirós Terra de Montes está organizada pola Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo e o Concello da Estrada, en colaboración con a Deputación de Pontevedra e os concellos por donde transcurre –Sanxenxo, Meaño, Meis, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo e A Estrada-.
Esta actividade, que forma parte do plan director para o fomento do turismo en Sabucedo, naceu coa finalidade de consolidarse como un encontro anual, e coa posibilidade de poder facela en calquera época do ano. O éxito de convocatoria acadado para esta terceira edición e a consideración de ser a máis novedosa e mellor organizada de Galicia, fan desta ruta unha das máis interesantes e importantes da nosa comunidade.
A ruta comenza as 9.30 horas da mañán na Ermita da Lanzada e percorrerá na primeira xornada os concellos de Sanxenxo, Meaño, Meis e Pontevedra, donde farán noite. Xa na segunda xornada, sairán da Praza de Touros de Pontevedra, ás 10 da mañán, cara Campo Lameiro e Cerdedo, e rematará pola tarde en Sabucedo. En todos os concellos está prevista a recepción do alcalde da vila.
Relacionadas:
-
150 equinos descansan na Praza de Touros durante o percorrido da III Ruta Cabalar
Por Redacción |
-
A cabalo para defender o monte da Fracha da A-57
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Unha ruta a cabalo polo Monte Castrove, novidade da Gala Hípica de Campañó
Por Alejandro Espiño |
-
Hípica Amazonas e o Concello de Ponte Caldelas presentan a Concentración Cabalar Festa da Troita
Por Redacción |
-
A Praza de Touros, hotel por unha noite para un centenar de cabalos
Por Redacción |