Os cen de Palmira
Por Redacción
Se alguna idade é digna de celebrar é a dos 100 anos e iso ben o sabe a Palmira Gómez González. Esta veciña de Cotobade acaba de converterse en centenaria e este sábado, con motivo do seu aniversario, recibiu na súa casa unha visita moi especial, a do alcalde, Jorge Cubela.
Necesita axudarse dunha cadeira de rodas, para moverse, pero esa dificultade de mobilidade non lle impediu celebrar este aniversario tan particular, no que recibiu un ramo de flores de Jorge Cubela na súa casa da parroquia de Santa María de Sacos.
Nestes cen anos que leva ás súas costas, Palmira tivo unha ampla descendencia. Os seus catro fillos, Clara, Rita, Pepita e Ramiro, deséxanlle un moi feliz aniversario e, canda eles, todo o pobo de Cotobade.