Veciños de Lérez volven tomar á estrada da Coruña para reclamar medidas que calmen o tráfico
Por Redacción
Os veciños de Lérez volveron manifestarse este domingo 3 de maio ocupando a calzada e percorrendo a pé a Nacional 550, estrada da Coruña, ao seu paso pola parroquia. Reclaman do ministerio de Fomento a adopción de medidas que calmen o tráfico rodado nesa zona.
Apuntan a que dende o cruzamento de Alba en diante é necesaria a instalación de lombos que reduzan a velocidade dos vehículos e pasos de peóns ou semáforos que permitan cruzar os veciños e regular o tráfico.
Coa medida de protesta obrigaron aos vehículos que circulaban por ese tramo da N-550 a diminuír a velocidade mentres eles, nun grupo de ao redor de cincuenta persoas, realizaban o percorrido a pé.
Dende a asociación San Bieito de Lérez anuncian que o domingo 17 de maio repetirán a protesta se o ministerio de Fomento continúa sen dar unha resposta ás súas reivindicacións.
Relacionadas:
-
Inician a instalación de semáforos na N-550 en Lérez
Por Redacción |
-
O atropelo dunha muller na Cendona abre de novo o debate da seguridade viaria no tramo urbano da N-550
Por Diego Espiño |
-
Fomento autoriza a instalación dos semáforos que reclaman os veciños de Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
Fomento recibirá os veciños de Lérez que reclaman medidas de seguridade na estrada N-550
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Lérez estudan novas vías de protesta para esixir medidas de seguridade viaria na N-550
Por Diego Espiño |
-
Manifestación arredor da rotonda de Médico Ballina ao berro de "lombos xa"
Por Natalia Puga |