'Non te imaxinas todo o que un euro pon en marcha'
Por Mónica Patxot & Cristina Saiz
A clave para combater o cancro é a investigación. A loita contra esta enfermidade gáñase a través dos avances dos científicos. As novas terapias, cada vez máis individualizadas, son unha garantía para que aumente o número de pacientes que superan un tumor. Pero a investigación non sería posible sen financiamento. Para lograr eses fondos, a Asociación Española contra o Cancro celebra este mércores a súa colecta anual.
A Xunta Provincial de Pontevedra puxo a disposición da colecta, 26 mesas petitorias e 237 voluntarios, dos cales 147 foron nenos procedentes dos colexios SEK-Atlántico, Sagrado Corazón e Los Sauces. En total 307 petos.
Os xogadores do CF Pontevedra, Adrián Gómez e Fran Fandiño estavieron presentes como voluntarios nunha das mesas petitorias, ao igual que xogadores da SD Teucro, co seu adestrador Quique Domínguez á fronte, demostrando que potenciar a investigación é tarefa de todos.
Como di o lema elixido para esta xornada 'non te imaxinas todo o que un euro pon en marcha'.
Relacionadas:
-
Vinte anos do baile-cea en beneficio da Asociación Española contra o Cancro
Por Redacción |
-
Experiencias vitais de enfermas de cancro amplían a formación dos futuros fisioterapeutas
Por Redacción |
-
Luis Fonsi, Bustamante, Auryn ou Pablo López acompañarán a Panorama na VIII Gala contra o Cancro
Por Redacción |
-
Conclave de 75 especialistas en cancro de pulmón en Pontevedra
Por Redacción |