O PP asegura que o ano 2012 foi "el más decepcionante" de Lores como alcalde
Por Alejandro Espiño
O ano 2012 rematará o vindeiro luns, segundo o Partido Popular como "uno de los más decepcionantes, quizás el que más", dos trece que leva xa Miguel Fernández Lores ao fronte do Concello de Pontevedra.
Foi un exercicio marcado, dixo Jacobo Moreira, pola suba de impostos xeneralizada, a parálise "casi que absoluta" dos investimentos, a renuncia a tramitar un novo PXOM, o aproveitamento de compromisos de outras administracións para "maquillar o disimular la ineficacia municipal", e a insolidariedade coas políticas de austeridade xerais no Estado español.
Deste xeito, sobre a política fiscal, Moreira lembrou que en xaneiro entrou en vigor unha suba universal de taxas e impostos municipais dun 3%, e que, "por la desidia del equipo de Lores a la hora de actualizar el catastro", a administración local veuse tamén naquel momento na obriga de incrementar o recibo do IBI nun 10%. Todo elo, dixo, froito da "voracidad fiscal de este gobierno local".
Pero o voceiro do PP destacou sobre todo o que eles entenden como inexistencia de investimentos e obras "de un mínimo calado" por parte do Concello. Asegura que todas as obras de entidade feitas ou impulsadas neste ano 2012 son doutras administracións. Citou a Ponte das Correntes, o desdobramento da Avenida de Vigo, a ponte de Monte Porreiro, o Nó do Pino, o novo edificio do Museo ou o ARI para o Centro Histórico.
Además, Jacobo Moreira criticou a "sorprendente e irresponsable renuncia" a continuar coa tramitación do PXOM, e a "larga relación" de proxectos e compromisos electorais incumpridos por BNG e PSOE, ou a "insolidaridad de este alcalde con las políticas de austeridad generales y su despreocupación a la hora de mantener o incrementar gastos claramente prescindibles".
Frente a isto, explicou Moreira, o ano 2012 foi moi importante para el e o Partido Popular. Recordou que asumiu a portavocía do PP local "y trabajo muy cómodo desde el primer día" e que Alberto Núñez Feijóo revalidou a mayoría absoluta nas recentes eleccións autonómicas, "a pesar de que muchos auguraban que las íbamos a perder".