A venda da vacina da meninxite en España rematará coa peregrinación de familias galegas a Portugal
Este verán, a vacina da meninxite B poderá adquirirse nas farmacias españolas, segundo anunciou o Ministerio de Sanidade, despois da demanda de moitas familias que non entendían como esta inmunización estaba calificada como só de uso hospitalario, o que supoñía que unicamente se administraba en casos concretos.
Deste xeito rematará a peregrinación a Portugal de moitas familias galegas. Os últimos casos de meninxite que se deron en Galicia levaron a moitos pais a buscar a vacina Baxsero (vacúa para a meninxite B) nos países veciños que tras a aprobación da libre distribución da vacina en toda a Unión Europea pola Agencia Europea de Medicamentos a comercializaron en todas as súas farmacias. Portugal estaba a ser o destino máis habitual entre as familias galegas que atopaban no país veciño a única posibilidade de inmunizar os seus fillos ante unha enfermidade tan grave.
Cruz é unha nai con dous nenos pequenos, de dous e catro anos. Estando na última revisión do seu fillo menor a enfermeira pediátrica do seu centro médico faloulle da vacina contra a meninxite. Segundo a nai pontevedresa, a pesar de ser unha enfermidade non moi común non quixo arriscarse a que un deses casos "poco comunes" fose o seu, así que decidiu desprazarse a Portugal para comprar o fármaco. Outras nais do seu ámbito encontrábanse na mesma situación ca ela nese entón, algunhas xa foran mesmo a pola vacina e encontráranse con que esta estaba esgotada ou que nas farmacias portuguesas non dispoñían do número de dose que requirían. Para evitar volverse sen o medicamento Cruz decidiu chamar por teléfono e reservala antes de acudir a buscar as dúas vacinas que ela necesitaría.
A enfermeira informou a nai en febreiro pero Cruz tivo que atrasar a viaxe a Portugal ata abril. Os seus nenos estaban "malitos" e a vacina non podía aplicarse á vez que os pequenos tomaban outros medicamentos. Ante a falta da dispoñibilidade do fármaco en Galicia, Cruz quixo saber se existía algunha contradición pola que non debese inxectárllela aos seus fillos ao que a enfermeira lle contestou que "la única contradicción de la vacuna es no tener dinero para pagarla" porque son 96.06 euros cada dose, e comentaba a nai que non todo o mundo pode permitirse o "lujo" de protexer a saúde dos seus fillos con eses prezos.
A vacina unha vez comprada debe transportarse coidadosamente para non romper a cadea de frío, pero na mesma farmacia vende as bolsas térmicas. Ela relata que ademais levaba unha nevera con arrefriador para asegurarse de que as vacinas chegasen en bo estado e que posteriormente as gardou na parte baixa do frigorífico de casa como lle recomendara a enfermeira, que ao día seguinte lle poñería as inxeccións aos seus fillos no seu centro de saúde público.
O caso de Cruz non é o único, xa que moitas outras familias peregrinaron ata Portugal por vacinas como a da varíola ou a meninxite. "É unha enfermidade pouco común" é a "escusa" coa que se encontran os pais que preguntan por que non se vacina aos seus fillos contra unha enfermidade que ten consecuencias moi perigosas, pero esta nai se formula que se algún pai querería arriscarse a que esta enfermidade pouco común lle tocase aos seus fillos, a resposta para ela está clara.
Unha parte importante das asociacións médicas cre que é necesario que a vacina sexa de libre acceso en España, ao igual que o é no resto de países da Unión Europea. Ademais de que outros colectivos como o Comité Asesor de Vacunas de la AEP consideran que debería incluírse dentro do calendario de vacinación oficial.
A Meninxite tipo B é unha enfermidade grave que debe ser tratada rapidamente
A Meninxite tipo B, que é unha infección producida pola bacteria do meningococo, afecta a calquera persoa, pero é máis frecuente e de peor prognóstico en nenos menores de 3 anos de idade. Unha enfermidade grave que debe ser tratada rapidamente e que segundo a Asociación Española de Pediatría (AEP) ten un índice de letalidad aproximado do 10% e o risco de producirse secuelas a longo prazo, que adoitan ser fundamentalmente neurolóxicas e do sistema circulatorio, é de ata o 30%. En Galicia durante o 2014/2015 detectáronse 30 casos dos cales 10 foron do serogrupo B, un caso do grupo C e 10 sen confirmar segundo o informe do 18 de maio deste ano da SERGAS. Destes 30 casos 10 localizáronse en Pontevedra.
A vacina 4CMenB ou Bexsero, fármaco que existe actualmente para tratar esta enfermidade e inducir memoria inmunolóxica, foi autorizado en España o 13 de agosto de 2014, tras a autorización oficial por parte del Ministerio de Sanidad, pero só para uso hospitalario. Isto quere dicir que as farmacias dos hospitais son as únicas que a teñen dispoñible e só distribúese para certos grupos de risco ou en casos de brotes.
Estas medidas do Ministerio de Sanidad non foron avaladas pola sociedade científica española que mostrou a súa posición contraria a cualificar como de uso hospitalario unha vacina que no resto de Europa se comercializa libremente. A Asociación Española de Pediatría, a Asociación Española de Vacunología e a Sociedad Española de Medicina Preventiva, Salúd Pública e Higiene son os colectivos que encabezan o desacordo co cualificativo da nova vacina. O Comité Asesor de Vacunas de la AEP considera que a vacina presenta un perfil de vacina sistemática a incluír nos calendarios de vacinación de todas as Comunidades Autónomas. Polo que as medidas tomadas polo Ministerio de Sanidad non se consideran pola comunidade científica as máis adecuadas tendo en conta que é a única vacina dispoñible fronte ao meningococo.
Relacionadas:
-
En verde para dar luz sobre a meninxite
Por Redacción |
-
Preocupación polos problemas de abastecemento da vacina da meninxite B
Por Redacción |
-
As farmacias pontevedresas xa venden a vacina contra a meninxite B
Por Redacción |
-
A vacina contra a meninxite B, á venda nas farmacias pontevedresas desde outubro
Por Redacción |
-
Alertan os pais da escola infantil O Toxo ante un posible caso de meninxite
Por Alejandro Espiño |