Constitúese formalmente a Conca do Lérez
Por Oskar Viéitez
Coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres 5 de outubro constitúese formalmente a Conca do Lérez.
Os alcaldes dos municipios integrantes deste consorcio: Forcarei, Belén Cachafeiro; Cerdedo, José Balseiros; Campo Lameiro, Julio Sayáns y Cotobade, Jorge Cubela reuníronse co conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.
O conselleiro de Presidencia aproveitou a xuntanza para intercambiar opinións cos rexedores e trasladoulles o apoio da Xunta á colaboración municipal, animando aos concellos a que unan esforzos e cooperen entre eles para ofrecer os mellores servizos aos cidadáns ao menor custe posible.
Pola súa banda, os catro alcaldes explicáronlle ao conselleiro algúns dos proxectos que teñen pensado desenvolver, así como a posibilidade de levar a cabo obras conxuntas ou compartir servizos técnicos, como pode ser o caso dos arquitectos municipais, ou de Servicios Sociais e de Secretaría e Intervención.