Mosquera propón xestións aos outros partidos no Concello e di: "Non vamos apoiar a Louzán. Foi un presidente omnímodo"
Por Daniel Santomé & Anxo Lourido
O deputado provincial, César Mosquera, mostrouse claro este mediodía ao referirse á situación que se proxecta na Deputación provincial: "Non vamos apoiar a Louzán nin creo que Louzán vaia ser deputado provincial. Foi un presidente omnímodo con todo o poder do mundo mundial, sobre todo, no último mandato. Non existía o resto do goberno". E por ese motivo non enxerga que Rafael Louzán despois de ter ese poder vaia agora a quedar como "deputado raso".
Tamén indicou, durante esta mañá de sábado, que detectara un cambio por parte do PSOE dende o 25 de maio, tras as eleccións, cando trataran o tema das débedas históricas con Vigo ata a actualidade cunhas declaracións "moi desafortunadas, por certo, polas que pediron desculpas privadas, como di o outro na intimidade".
PROPOSTA PARA O CONCELLO DE PONTEVEDRA
En relación co Concello de Pontevedra, César Mosquera anunciou que a intención é que se poida propoñer a todos os grupos que poidan xestionar ou coxestionar unha das áreas aínda que non haxa un pacto con ningún deles, ademais de presidir as comisións que considere cada grupo.
O concelleiro indicou que se trata dunha práctica que xa se utilizaba nos primeiros mandatos da democracia e que entende que podería ser positivo para todas as agrupacións políticas para evitar "convertir o concello nun Parlamento". Mosquera considera que se trata dunha medida de transparencia que se formulará a próxima semana ao resto dos grupos con representación na corporación.
Neste sentido, dixo que hai "cantidade de áreas" que se podería xestionar polos grupos políticos pero sempre que un partido minoritario non intenea condicionar ao resto. E sinalou que o día 13 haberá un goberno, pero teme que, polo menos, ata despois das eleccións xerais non haberá un pacto porque todos os partidos están a mirar máis cara a esa data en outubro que ao que está a pasar no Concello.
Relacionadas:
-
Un bolero mexicano para Louzán
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
"Tarde piaches" contesta Lores a Louzán ante a súa insistencia de pacto na Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Núñez Feijóo: "Do mesmo xeito que é lexítimo que o BNG goberne no Concello, é lexítimo que o PP goberne na Deputación"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Louzán insta ao BNG a "madurar e facerse adulto" de cara a afrontar pactos de goberno co PP
Por Oskar Viéitez |