Defensa da Ría de Pontevedra afirma que nas últimas eleccións gañou o "Non a Celulosas"
Por Redacción
"Somos maioría social os que estamos en contra da presenza de Ence na ría", proclamou o presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Antón Masa.
Apelando aos resultados electorais a APDR considera que "na comarca votouse maioritariamente a forzas que pedían sacar a ENCE e a Elnosa da ría", polo que o presidente do colectivo ambiental, Antón Masa, instou á empresa pasteira a "pechar a fábrica e irse".
Nunha singular rolda de prensa no porto de Combarro e a bordo do barco que foi descualificado o pasado mes de febreiro dunha regata na ría de Pontevedra por competir co lema "No Celulosas" imprimido na súa vela, os voceiros da APDR presentaron a próxima Marcha contra Celulosas, que se celebrará o próximo 20 de xuño, con saída simultánea ás 19,30 horas dende as Alamedas de Pontevedra e de Marín.
A Marcha estará dedicada ao que fora presidente da Asociación de Veciños de San Xulián, Xan Montenegro, no cuarto aniversario do seu falecemento.
IATE DE AMANCIO ORTEGA
Como anécdora, tras a presentación da Marcha, membros da APDR e da tripulación do veleiro sucaron a ría dende o porto de Combarro e, nas proximidades da ría de Tambo, coincidiron co iate Valoria, cuxo propietario é o empresario e fundador do emporio Inditex, Amancio Ortega.
Relacionadas:
-
A APDR alega contra o informe de Costas sobre a caducidade parcial da concesión de ENCE
Por Daniel Santomé & Natalia Puga |
-
A APDR teme que o Campionato de Triatlon e a calor resten asistencia á marcha contra Ence
Por Anxo Lourido |
-
APDR 'viste' as estatuas da cidade con máscaras para protestar contra ENCE
Por Redacción |
-
Descualifican o barco de 'NO Celulosas' e lle impiden seguir competindo na regata interclubs da Ría
Por Redacción |