Os "anticompostaxe" acudirán ao Pleno de investidura "para que tomen nota"
Por Oskar Viéitez
A Plataforma Residuos Non de Ponte Sampaio asistirá o sábado ao Pleno de investidura da nova Corporación do Concello de Pontevedra.
A plataforma convocou aos veciños ás 11:00 horas da mañá do sábado en Ponte Sampaio dende onde se trasladarán en autobuses para asistir á sesión plenaria.
Segundo informaron dende a plataforma, o motivo da súa presenza neste Pleno é "que a nova corporación tome nota da negativa dos veciños á instalación dunha planta de lixos na Canicouva".
Esta plataforma asegura que esta infraestrutura "contaminará os mananciais dos que se surten os veciños da parroquia de Ponte Sampaio, a propia ría, e os olores chegarán á maioría dos veciños e arredores".
O pasado xoves 7 de marzo, horas antes do inicio da campaña electoral, o voceiro desta Plataforma Residuos Non, Eugenio Peón, asegurara que este colectivo cidadán ía a esperar o resultado electoral, para comprobar que obtiña o BNG, impulsor do proxecto de planta de compostaxe, "e se a xente é masoquista, pois que tiren para adiante".
Relacionadas:
-
O PSOE pide que o Concello elabore un informe sobre como afectará a planta de compostaxe ao recibo do lixo
Por Redacción |
-
A Canicouva volve ser a única oferta para a creación da planta de compostaxe de Pontevedra
Por Redacción |
-
Lores comeza o seu quinto mandato pedindo "borrón e conta nova" nas relacións con Xunta e Estado
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Decepción entre os organizadores da manifestación anti planta de compostaxe pola escasa asistencia rexistrada
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |