Manuel Santos convértese en "superconcelleiro", ao asumir as áreas de Urbanismo, Facenda e Persoal
Por Redacción
Este luns dende a Alcaldía de Marín realizáronse as primeiras resolucions formais facendo as delegacións entre os membros do equipo de goberno municipal. Tal e como se avanzara estes días atrás, a Alcaldía adopta pequenos cambios adaptando o organigrama á situación que xa se consolidara estes últimos catro anos.
Con responsabilidades de Tenente de Alcalde Único e competencias en Urbanismo, Facenda e Persoal que se engade a esta área, desígnase ao concelleiro Manuel Santos Costa. O seu labor está no labor da xestión do urbanismo municipal, os trámites das licenzas e autorizacións, así como a xestión da disciplina urbanística.
Dentro da área económica seguirá coordinando os distintos departamentos, a execución do presuposto municipal, o cumprimento dos deberes legais que en materia presupostaria foron incrementados e o pagamento a provedores que deberá ser cada vez máis áxil. Súmanse os labores de persoal referentes a materia de relación co equipo de funcionarios, laborais e persoal contratado, relación coa Xunta de Peronal e Mesas de Negociación.
Con responsabilidades en Medio Ambiente e Benestar Social, estará Marián Sanmartín García, asumindo as xestións relativas á súa área, que engloba tamén servizos sociais, educación, información á muller, coordinación entre as distintas brigadas muncipales obras, augas, limpeza, electricidade, carpinteiro, conserxes dos colexios e inmigrantes.
Como concelleiro de apoio terá unha delegación específica de Control de Servizos Municipais na persoa de Benito Touriño Touriño que xestionará tamén os cemiterios municipais e supervisión de arranxos na zona urbana.
Con responsabilidades na área de Cultura, Festas e Dinamización estrearase María José de Pazo Allariz terá labores de preparación, organización de eventos, festas e labores de dinamización que sexan transversais entre as distintas áreas, tratando de coordinarse coas asociacións e comisións que crean para xestionar os eventos.
Como concelleira levando temas de Cultura, Patrimonio e Arqueoloxía, Museo, Biblioteca Municipal seguirá Beatriz Rodríguez Gómez.
Con responsabilidades en materia de Tráfico, Policía Local e Mobilidade estará Francisco José Estévez Salazar, correspondéndolle principalmente na zona urbana, pero tamén no rural a coordinación deste servizo, materia de seguridade cidadá e taxis.
En materia de Turismo e Comercio continuará Cristina Acuña González, correspondendo os mercados, praias e promoción turística.
En materia de Medio Rural estará Pablo Novas Caballero, que contará co apoio de José Cidrás Rosales para a coordinación entre as 7 parroquias de Marín e a colaboración nos distintos servizos. E finalmente, a área de Deportes e Xuventude corresponde ao concelleiro, Antonio Traba Miñones.
Esta sería a composición das áreas, a repartición das competencias e as distintas Comisións Informativas que se configurarán unha vez que se aproben polo Pleno na sesión organizativa que terá lugar nos próximos días.