O BNG asegura que o "Tamayazo" de Lugo non afectará ás negociacións na Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O actual portavoz do grupo provincial do BNG, César Mosquera, asegurou que non afectará ás negociacións abertas en Pontevedra co PSOE o "tamayazo" vivido na Deputación de Lugo despois de que o socialista Manuel Martínez lle dese co seu voto a administración provincial ao PP.
César Mosquera compareceu ante a prensa para valorar o "vuelco" producido en Lugo, onde o PP gobernará na Deputación tras empatar a 12 votos a lista do PSOE, apoiada polo BNG.
En Pontevedra, dixo Mosquera "non cambia absolutamente nada" xa que entende que "entre as dúas forzas políticas houbo un acordo e un incidente deste tipo pode pasar en calquera lado".
"A folla de ruta en Pontevedra mantense", insistiu.
"Non creo que suceda nada diso, non entra na cabeza de ninguén", dixo Mosquera
Na súa opinión persoal, Mosquera asegurou que na Deputación de Pontevedra "non creo que suceda nada diso, non entra na cabeza de ninguén". E fixo referencia á "historia previa" desta institución que é "totalmente diferente" á de Lugo e tamén citou á "propia dinámica" do Bloque e o Partido Socialista nun e outro sitio.
"A quen se lle bota a culpa disto?", preguntouse o portavoz nacionalista. Mosquera considera que os nacionalistas non poden responsabilizar ao PSOE "porque cumpriu o gordo e o BNG cumpriu". "Outra cousa", segundo o BNG é o "comportamento ético de cada un" que dixo, "esa xa é outra música", e engadiu a continuación "iso non se arranxa con normas".
NEGOCIACIÓN EN PONTEVEDRA
César Mosquera sostén que a falta de "os flecos" a negociación entre o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista "parece" pechada, polo que "a hipótese case segura é que a Diputación de Pontevedra hai que pegarlle un saneo e un cambio".
O portavoz do grupo provincial do BNG sinalou que non está decidido que os deputados do Bloque entren a formar parte do Goberno, xa que é algo que "depende das condicións".
"Se programáticamente chegamos a un acordo sólido, abriríanse claramente as portas a entrar no goberno, se iso queda moi aberto e non hai garantía de que se vai a facer, a probabilidade de que quedemos fóra é bastante elevada", concluíu Mosquera.
Relacionadas:
-
Mosquera apunta que o pacto de goberno entre BNG e PSOE na Deputación está "moi avanzado"
Por Redacción |
-
O Partido Popular designa a Rafael Louzán deputado por Cambados
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera acusa a Louzán de deixar a Deputación "arrasada" cun reparto de fondos "caciquil"
Por Alejandro Espiño |
-
Louzán: “Desde o PP estamos ollando o espectáculo de circo romano no que o PSOE e BNG se pelexan”
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Louzán inicia a súa despedida da Deputación "en diferido"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Carmela Silva, elixida oficialmente candidata a presidir a Deputación: "Es un honor y una enorme emoción"
Por Alejandro Espiño |