Os topógrafos da provincia estudan o "metrominuto"
Por Oskar Viéitez
O Colexio Oficial de Enxeñeiros en Xeomática e Topografía celebra este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra as súas xornadas técnico-profesionais nas que falarán do "Metrominuto".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, inaugurará o acto e a continuación terá lugar o primeiro relatorio o responsable de Comunicación do Concello de Pontevedra, Antón Prieto, autor do metrominuto, que explicará os pormenores deste plano de metro peonil para Pontevedra.
O plano, copiado e repetido por todo o mundo, adopta o esquema convencional dos mapas de metro, representando o tempo e a distancia de viaxe aos puntos máis importantes da cidade. Para iso, toma como punto de referencia a Praza Peregrina e realiza os cálculos adoptando unha velocidade media de 5 km/h. Esta iniciativa gañou o premio europeo da mobilidade e o premio Intermodes.
Pero ademais os topógrafos tamén se falarán de tecnoloxía geoespacial e avanzarán o plan estratéxico do seu Colexio profesional no período 2015/2016.
As xornadas inclúen distintas exposicións e mesmo concursos para os convidados, así como unha visita guiada polo casco histórico de Pontevedra.
As xornadas matinais serán de portas abertas para o público.
PROFESIÓN CON FUTURO
Dado que a tecnoloxía Xeomática é cada vez máis demandada en diferentes sectores, estes profesionais percibiron un aumento significativo das ofertas de traballo relacionadas e todo indica que a tendencia seguirá así os próximos anos.
O estudo "Inserción laboral dos estudantes universitarios" elaborado polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, desvela que actualmente, a Enxeñaría Técnica en Topografía presenta unha taxa de afiliciación á Seguridade Social do 55,3% e a Enxeñaría en Xeodesia e Cartografía do 57,7%. Na actualidade, ambas as dúas titulacións aglutínanse baixo o nome de Enxeñaría Xeomática.
A porcentaxe de empleabilidad en postos relacionados directamente coa formación é do 71,1%.
O informe destaca tamén que os egresados en Enxeñaría Xeomática, teñen tamén, en termos xerais, unhas condicións laborais saneadas.
Relacionadas:
-
Os desafíos e avances na delimitación de propiedades abordaranse nun foro en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Editan 17.000 exemplares do Vaiapé, o metrominuto de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Metrominuto terá a súa propia APP para dispositivos móbiles
Por Alejandro Espiño |
-
Ao Metrominuto nácelle un primo irmán, o MetroBici
Por Redacción |
-
A Coruña copia o Metrominuto de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os topógrafos celebran unha xornada profesional en Pontevedra
Por Redacción |