Cotobade conxela o salario do alcalde
Por Redacción
Cotobade aprobou este martes a organización do Concello durante o presente mandato, no que o alcalde, Jorge Cubela, terá o salario conxelado. A proposta de retribución da súa dedicación exclusiva durante os vindeiros catro anos recolle a mesma cantidade de cartos que os pasados catro anos, 35.000 euros brutos, por debaixo do tope permitido pola Lei para este municipio, que son 40.000 euros.
O Pleno de Cotobade aprobou por maioría absoluta os acordos polos que se nomea tenentes de alcalde a Fernando Vázquez Corbacho, María Dolores Pichel Lois e María Galiza Aguete Dorrío e se delega en cada concelleiro unha área de goberno. Ningún terá dedicación exclusiva, tan só Cubela.
O reparto de concellerías será o seguinte: Urbanismo, Obras e Infraestucturas, Fernando Vázquez Corbacho; Promoción Económica e Turismo, María Pichel Lois; Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Educación, María Galiza Aguete Dorrio; Medio Ambiente, Saneamento e Abastecemento de Augas, José Pichel Garcia; Deportes, Xuventude e Asociacionismo, Bruno Portela Leiro; e Mantemento Viario e Brigadas, Javier Lois Abal.
Jorge Cubela resalta a compactación dun equipo formado por sete persoas que traballarán en cadansúa área e que o Goberno local mantén o seu compromiso e a súa palabra do Programa Electoral de manter unha soa dedicación exclusiva, a do alcalde.