Rajoy mantén un encontro improvisado con afectados polas preferentes nunha cafetaría de Sanxenxo
Por Natalia Puga
A tarde deste venres deixou unha escena inesperada nunha céntrica cafetaría de Sanxenxo. Os afectados pola comercialización de participacións preferentes que levan dous días encerrados na casa consistorial localizaron o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, achegáronse a el e lograron manter un encontro informal para trasmitirles as súas demandas.
En concreto, o presidente charlou con dous afectados, José Manuel Vázquez e Rosana Balboa. Segundo relataron posteriormente a PontevedraViva, "estaba con su mujer y seis amigos más". José Manuel Vázquez achegouse directamente a el mentres a súa compañeira se sentou na mesa do lado. Ao ver que unha persoa levaba bastante tempo falando co presidente, un dos seus escoltas achegouse para intentar afastalo, pero el "le dijo que no pasaba nada, que quería seguir hablando conmigo".
A partir dese momento, ambos os dous afectados lles trasmitieron as súas demandas. En concreto,"le pedimos si podía decirnos alguna cosa para tranquilizar a la gente o si podía acercarse hasta el Concello para hablar con ellos", pero rexeitou o convite.
O encontro desenvolveuse nun ambiente cordial, "nos respondió muy educadamente" e estiveron a falar "durante bastante tiempo". Na conversa, Rajoy trasmitiulles "que está trabajando para que el arbitraje no pare, pero que no podía mentirnos, que no podía decirnos nada seguro porque eso ahora está en manos de Bruselas".
"Fue muy amable y nos atendió de forma educada, pero no nos trasmitió tranquilidad"
A pesar de que os seus interlocutores trasmitieron ao presidente do Goberno que "es él quien gobierna España, no Bruselas", non conseguiron arrancarlle ningún compromiso. "Fue muy amable y nos atendió de forma educada, pero no nos trasmitió tranquilidad", concluíu José Manuel Vázquez.
Rosana Balboa foi máis crítica coas resposta de Mariano Rajoy. A súa nai ten todos os seus aforros en participacións preferentes e cando estaba diante do presidente acordouse dela e de todos os afectados nese mesmo caso, así que lle souberon a pouco as resposta recibidas. "Sanxenxo es su zona de residencia y estamos muchos afectados, estamos encerrados en el ayuntamiento, podía acercarse y con que nos dijera que está buscando la mejor solución a la gente ya les servirá de mucho, pero no quiso", explica.
A ela e ao seu compañeiro díxolles "que no nos garantiza nada" en relación coa continuidade da vía da arbitraxe, de modo que se pregunta "si se acaba el arbitraje, ¿qué nos queda?, ¿aceptar la quita?".
Unha vez rematado o encontro, esta afectada quixo regresar para entregarlle a Rajoy un escrito redactado pola plataforma do Salnés este venres no que recollen as súas peticións, entre elas que continúe a arbitraxe ou que, xa que Novagalicia Banco está intervida, o Estado debería facerse cargo da devolución do diñeiro retido en participacións. A escolta xa non o deixou achegarse, pero "como ya me conocía, me recogió el papel y se lo entregó".