A Canicouva volve ser a única oferta para a creación da planta de compostaxe de Pontevedra
Por Redacción
Este xoves deuse un paso máis no proceso de construción dunha planta de compostaxe para Pontevedra que impulsa o goberno local. Pechouse o proceso de licitación de contrato de aluguer ou cesión onerosa dos terreos para a construción e explotación desta instalación. A única oferta que se presentou foi a da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santo Estebo de Canicouva.
Esta organización presentou a oferta do predio "Rega do Loureiro", situado no monte veciñal de Canicouva, cunha superficie de 100.000 metros cadrados.
A superficie mínima que se establecía era de 20.000 metros cadrados para a construción e explotación da planta que se asocia, segundo as bases, á mellora do monte. O prazo mínimo da cesión establécese en 30 anos, prorrogables por períodos anuais ata un máximo de 45 anos máis, sen superar os 75.
O proceso abriuse esta vez porque na anterior licitación, a Comunidade de Montes da Canicouva presentara a súa oferta fóra do prazo a finais de 2014.
Esta proposta obtivo mostras de rexeitamento por parte doutras parroquias limítrofes, tanto de Ponte Caldelas e Vilaboa, como da pontevedresa de Ponte Sampaio.
Relacionadas:
-
Desestimado por "cuestións de forma" o recurso veciñal de Ponte Sampaio contra a planta de compostaxe
Por Redacción |
-
Os "anticompostaxe" acudirán ao Pleno de investidura "para que tomen nota"
Por Oskar Viéitez |
-
A planta de compost segue adiante: será máis pequena e só para Pontevedra
Por Alejandro Espiño |