O adianto das rebaixas réstalle público ás grandes cadeas
Por Oskar Viéitez
Hai quen din que non é primavera ata que non o anuncia O Corte Inglés, pois para estes: Empezan as rebaixas.
Zara, e o resto de tendas do grupo Inditex, do mesmo xeito que fixo a cadea de Isidoro Álvarez, decidiron manter a tradición e esperar ao 7 de xaneiro para comezar as rebaixas.
Mentres o resto de tendas aproveitaban a pasada semana esa pequena marxe de vantaxe que lle brindan estes monstros do comercio.
De modo que hoxe, con algo menos xente, repetíronse as colas dos cazadores de gangas ás portas dos establecementos de Amancio Ortega.
Dous de cada tres españois comprarán en rebaixas
Trátase da primeira tempada de rebaixas libres trala aprobación da Lei de Dinamización do Comercio. Desta forma, as tendas poden fixar libremente o periodo no que queren rebaixar os seus produtos e a súa duración.
Segundo calcula a Federación de Usuarios-Consumidores Independentes (FUCI) dous de cada tres españois comprarán en rebaixas. O 67% inclínase por adquirir artigos textiles mentres que o resto inclínase pola compra de complementos (21%), novas tecnoloxías (7%), artigos relacionados co lecer e tempo libre (4%), outros (1%).
Relacionadas:
-
Comerciantes dubidan que as rebaixas axuden a salvar a tempada: "crisis y mal tiempo fueron un cóctel molotov"
Por Natalia Puga |
-
Identificada unha veciña de Poio por substraer roupa nas rebaixas
Por Redacción |
-
Comeza un período de saldos que deixará 5,54 millóns en Pontevedra e 2,5 en Arousa
Por Redacción |
-
As rebaixas deixarán no comercio pontevedrés entre 60 e 70 euros por cliente
Por Redacción |
-
Pontevedra amence en rebaixas
Por Oskar Viéitez |