Marea renova a súa estrutura interna
Por Redacción
Marea Pontevedra ven de renovar a súa Coordinadora Xeral para os próximos dous anos. Trátase do máximo órgano político da agrupación entre asembleas que posteriormente elixirá a súa permanente (executiva) e a súa área programática (para o desenvolvemento do seu programa). De feito, nos próximos días a coordinadora elixirá de entre os seus membros a Permanente Executiva e os diversos coordinadores de áreas.
Como resultado da votación realizada o venres 17 de xullo na nova sede de Marea, a Coordinadora Xeral quedou conformada por 23 persoas, das que cinco son novas incorporacións. Nos comicios participou o 20% das persoas rexistradas no censo de Marea.
Os integrantes deste órgano pasan a ser Enrique Acuña, Jaime Acuña Soto, Tomas Almón Abreu, Vanessa Angustia Gómez, Marcos Cal, Daviz Carballal Vázquez, Guillermo Casalderrey Rivas, Anxo Corbillón Fernández, Herminia Dios Poceiro, Carmen González Novoa, Xoán Hermida González, María Luísa Lores Aguin, Cesar Maquieira, Fatima Ezzahra Mlibda Hadda, Carmen Moreira Martínez, Cynthia Piña Moreira, Bibiana Piñeiro Omil, José Antonio Ramírez Amor, Luís Rei Núñez, Esteban Rey Franco, Miguel Anxo Serén García, Raquel Vázquez Méndez e Cruz Villaverde.
Unha semana antes a asemblea, agrupación aprobou por un 80% dos votos o Protocolo Organizativo e os Estatutos, que xunto co Manifesto, o Código Ético e o Programa Electoral constitúen os documentos sobre os que se vai guiar a intervención política de Marea nesta etapa.