O BNG devolve a Carlos Valle a máxima dirección do Museo
Por Oskar Viéitez
Co propósito de "profesionalizar" a xestión do Museo de Pontevedra e "evitar ás interferencias políticas" o grupo do BNG no goberno da Deputación decidiu "eliminar" o cargo de Director de Xestión do Museo, devolvendo a José Carlos Valle a máxima dirección da institución museística.
Nunha rolda de prensa o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e o vicepresidente César Mosquera, comunicaron esta decisión que será efectiva o venres trala súa aprobación polo Pleno da Deputación.
Xosé Leal acompañado de Carlos Valle, visitou este mércores os diferentes edificios do Museo para coñecer de primeira man as necesidades que se formulan e respondendo á "grande expectación" xerada co novo goberno provincial.
O deputado de Cultura tamén anunciou que se deron intruccións para que se inicien os preparativos dos actos de celebración do aniversario da chegada de Castelao a Pontevedra.
E finalmente empezáronse a estudar todas as posibilidades xurídicas para crear un órgano reitor que cubra o oco deixado polo antigo padroado do Museo para que asesore e rexa a institución, co obxecto de que esta cumpra debidamente as súas funcións. O problema é que o BNG pretende evitar que este órgano estea "politizado" polo que hai que estudar con detemento unha figura xurídica que preserve a súa independencia e autonomía.
Non é unha decisión tan simple como revogar a orde de suprimir o antigo padroado. Hai normativa nova que impide que este tipo de figuras "técnicas" decida sobre un organismo público. A idea é que entidades e sectores de alta cualificación cultural e artística formen parte del.
Relacionadas:
-
O Sexto Edificio do Museo estrea rotulación en galego, castelán e inglés
Por Redacción |
-
O Museo Provincial de Pontevedra será o epicentro da celebración do Ano Castelao en 2016
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Isabel Vázquez nega a politización do Museo: "Recibimos más donaciones y depósitos que nunca"
Por Alejandro Espiño |
-
Alertan do risco de perda de fondos do Museo ao terse eliminado "todo atisbo de independencia"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores non asiste á inauguración do Museo pola supresión do seu Padroado
Por Alejandro Espiño |
-
Suprimen o padroado que xestionaba o Museo
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación defende a súa xestión do Museo: "Só buscamos protexelo e investir nel"
Por Alejandro Espiño |
-
O 31 de decembro, data de caducidade do Padroado do Museo de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |