CCOO y UGT chaman á poboación a manifestarse o luns 8 contra os recortes
Por Diego Espiño
Aproveitando o Día Mundial polo Traballo Decente UGT e CCOO mobilizaranse nas principais cidades galegas, nas que se inclúen Pontevedra e Vilagarcía, como consecuencia da presentación dos Presupostos Xerais do Estado, "un 6% de redución de presuposto en Traballo, unido a un 34% de diminución en políticas de fomento de emprego. Defendemos o que entendemos como necesario, xusto e imprescindible", asegura Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT en Pontevedra.
Os sindicatos formulan esta cita como unha preparación ante mobilizacións futuras máis importantes, "o día sete sería o inicio dunha gran mobilización de carácter xeral que intentaremos que se extenda por cinco países de Europa". ÿ a alusión a unha posible folga xeral que fai Eusebio Justo, membro da executiva galega de CCOO, "hai que frear e impedir estas agresión polos orzamentos e polo que ven".
No resto de España as manifestacións celebraranse un día antes, o domingo 7. En Galicia sen embargo apóstase polo día 8, data na que xa estaban convocadas mobilizacións en defensa do tecido industrial en Vigo e Ferrol.
As marchas de Pontevedra e Vilagarcía arrancarán ás 20:00 horas dende A Ferrería e ás 20:30 dende a Praza A Mariña respectivamente.