A Deputación e o concello de Sanxenxo buscarán unha solución conxunta para a estrada entre Portonovo e a Vichona
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo poranse en contacto para buscar unha solución conxunta aos problemas de seguranza viaria da EP-9206, estrada que une Portonovo e A Vichona dentro do mesmo termo municipal.
O vicepresidente provincial, César Mosquera, sinalou que a falta de seguranza viaria nas estradas provinciais é "unha necesidade que se nota e se ve", feito polo que se contratou a un asesor na materia, o arquitecto Jesús Fole, que estará a disposición de tódolos concellos a partires do luns.
A EP-9206, de titularidade provincial, comeza e finaliza dentro do municipio de Sanxenxo, polo que, "é unha das que teñen vocación de transferirse aos concellos", según explicou Mosquera. Mentres esa transferencia non se produza, "a Deputación prestará toda a asistencia que se precise para ver como se pode evitar o risco para os usuarios".
Sobre a fórmula utilizada para correxir as deficiencias actuais, Mosquera sinalou que "hai moitas", como medidas de calmado do tráfico, ou establecer dirección única, pero incidiu en que só se aplicarán aquelas "para as que teña competencia a Deputación e o Concello queira, xa que se pretende darlle autonomía na decisión".
"A semana que ven incorpórase o técnico e, se queren, vai alí de primeiro para tratar este tema", ofreceuse Mosquera, quen se congratulou da sintonía co Concello de Sanxenxo na necesidade de aplicar medidas de calmado do tráfico. "Ogallá se extenda a preocupación pola seguranza viaria en todos os concellos", dixo, xa que a situación repítese noutros moitos municipios.
Relacionadas:
-
Deputación e Concello negocian unha solución á falta de seguridade dos peóns entre Portonovo e A Vichona
Por Redacción |
-
Mosquera anuncia: "rematou radicalmente a política de facer favores co chapapote"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Sanxenxo pide axuda á Deputación ante o "grave problema de inseguridade vial" entre Portonovo e A Vichona
Por Redacción |