Intercambio cultural entre pontevedreses e franceses na Bretaña
Por Redacción
Mater Lingua, a asociación de exalumnos e alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, xunto coa Asociación Los Amigos de España de Vannes, de Francia, organizan estes días un intercambio cultural en Bretaña.
Neste momento as participantes de Pontevedra atópanse en Vannes disfrutando da acollida dos participantes franceses. O programa do intercambio inclúe clases de francés polas mañás e visitas á cidade de Vannes e arredores as fins de semana.
As clases desenvólvense nos locais da Maison de Quartier de Kercado, cedidos polo concello de Vannes.
Os participantes alóxanse nas casas dos participantes franceses, e, no verán do 2016, serán os galegos os que hospedarán nos seus domicilios os franceses.