O PP destaca o investimento de Fomento en Pontevedra que para o concello resulta "cicatero"
Por Oskar Viéitez
Os deputados nacionais de Pontevedra, Paz Lago e Telmo Martín, e os senadores, Dolores Pan e José Luis Rivera Mallo, deron este mércores unha rolda de prensa para valorar os Presupostos Xerais do Estado (PGE) e a súa repercusión na provincia, salientando o investimento de 166 millóns de euros que o Ministerio de Fomento fará o próximo ano.
Os populares destacaron que, atendendo á superficie, esta cifra supón un 205% sobre a media nacional, co que Pontevedra se sitúa como a quinta provincia con maior investimento de Fomento en estradas por quilómetro cadrado.
Pan sinalou que os PGE destinan 59 millóns de euros para investimentos en estradas na provincia de Pontevedra, o que supón un incremento de máis do 20% con respecto aos presupostos do ano anterior.
Telmo Martín, pola súa banda, destacou tamén que a reforma fiscal permitirá aos pontevedreses pagar menos en IRPF, "unha media de 279 euros para cada un".
CICATEROS E AGRIDOCES
A alcaldesa en funcións de Pontevedra, Carme da Silva, valorou os PGE como "algo cicateros" e "agridoces" pola falta de claridade nos seus proxectos e porque fan referencia a compromisos que xa foron adquiridos hai tempo e que van con moito atraso", como a circunvalación.
Ademais referiuse á falta de claridade respecto a infraestruturas como a Autovía de Marín, a estrada de Ourense ou o Nó de Bombeiros
IRREALIZABLES
Para o secretario local do PSdeG, Agustín Fernández, os PGE son "irrealizables", teñen un "claro matiz electoral para a venda dun produto en claro declive", como ao seu xuízo é o Partido Popular debido, segundo enunciou, á derrota electoral nos últimos comicios municipais ademais dos problemas internos ou a corrupción.
Agustín Fernández tamén asegurou que os presupostos de Rajoy demostran o o PP de Feijóo "pita bastante pouco" en pleno ano electoral e en canto ao PP de Pontevedra "non pita absolutamente nada".
Relacionadas:
-
O PSOE presenta emendas de 140 millóns de euros aos Orzamentos e reclama a Rajoy que execute as partidas
Por Redacción |
-
O PSOE anima os deputados do PP a romper a disciplina do partido e votar a favor das emendas para Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os presupostos de Rajoy para Pontevedra apóstano todo para a A-57
Por Oskar Viéitez |