Defensa da ría recorrerá a decisión de Costas de ratificar a vixencia da concesión de ENCE
Por Oskar Viéitez
O presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Antón Masa, anunciou que recorrerán pola vía xudicial a nova decisión administrativa de Costas ao entender que é "contraria á razón e ao dereito, lesiona os dereitos do conxunto da cidadanía".
Masa lamenta que a administración do Estado actúe "en beneficio exclusivo do interese privado".
Costas resolve a caducidade parcial da concesión de Ence en Lourizán, ordenando a dirección da fábrica de celulosa a que proceda ao levantamento do campo de fútbol, para o que lle da un prazo máximo de seis meses, e inicie os trámites para a legalización do edificio do comedor, e ao Servizo Provincial de Costas que outorgue aos órganos xestores da depuradora e o emisario submarino un prazo de tres meses para solicitar a oportuna concesión.
Dende a APDR critican que "unha vez máis" o Ministerio de Medio Ambiente, "obvie aquelas cuestións realmente importantes desde o punto de vista do incumprimento da concesión por parte dos responsábeis de ENCE". Para o colectivo ecoloxista no informe de Costas "falséase a verdade" no tocante ás causas medio ambientais de caducidade da concesión.
Xa por último, rexeitan que a APDR teña presentado as alegacións fóra de prazo, "unha vía que serve á administración para non entrar a valorar os nosos argumentos e menoscabar así o noso dereito a intervir neste proceso e que poñeremos en claro en breve".
Relacionadas:
-
A APDR presenta o recurso de reposición contra a resolución de Costas sobre Ence
Por Redacción |
-
Satisfacción na dirección e traballadores de ENCE pola resolución de Costas
Por Redacción |
-
Costas ratifica a concesión de ENCE e sinala que o único que incumpre é o campo de fútbol dos Praceres
Por Oskar Viéitez |