Vaipolorío retira 1.330 quilos de lixo do río dos Gafos
Por Oskar Viéitez
O colectivo Vaipolorío fixo balance da última campaña de limpeza do río dos Gafos que concluiu a pasada fin de semana.
En total foron cinco xornadas de traballo (os días 5, 12, 19, 26 de xullo e 5 de agosto) e colaboraron a Asociación Juan XXIII de Pontevedra, a Asociación Down Pontevedra Xuntos, o Centro Penitenciario da Lama, a comunidade educativa do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, e o Voluntariado Europeo Erasmus+.
En total retiráronse 1.330 kilos de lixo do río dos Gafos e participaron 118 voluntarios.
Do lixo retirado destacan un 80% diferentes plásticos, unha parte importarte corresponde ao que se atopa sedimentado no leito do río dende hai anos, que asoma á superficie por mor das enchentes que se producen no inverno.
Nesta campaña, unha vez máis, non se limpou o tramo que vai dende a Avenida Josefina Arruti ata a Rúa Otero Pedrayo (130 metros), por mor do asentamento chabolista da zona, denunciado reiteradamente por este colectivo.
Dito tramo foi limpado con anterioridade en reiteradas campañas de limpeza desta asociación. Este ano decidiron non actuar porque de xeito repetitivo volve a aparecer ou empeorar a situación de suciedade e restos de materiais de chatarra manipulados polo colectivo xa citado.
Vaipolorío sinala que no cauce do río vólvese a notar, un ano máis, os efectos da contaminación de fecais por mor do mal estado da rede de sumidoiros que verten directamente ao río.
No tramo urbano que vai da rúa Rosalía de Castro á rúa Xeneral Rubín non ten zona de dominio público polo que houbo que retirar as bolsas de lixo utilizando una corda dende as zonas comunitarias lindantes.
Relacionadas:
-
Mozos de Marrocos e Armenia fan voluntariado ambiental no río Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío retira do Gafos outros 200 quilos de residuos, sumando máis de 1.200 este ano
Por Redacción |
-
Parrulos, reiseñores e carballeiras co Gafos como telón de fondo
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Retiran case media tonelada de lixo na primeira xornada de limpeza do río Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío marca tendencia coa súa campaña de recollida de lixo no Gafos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |