Identifican unha parella por lanzar sete cans a través dun muro ao refuxio de Cambados
Por Natalia Puga
Foron localizados os supostos responsables de lanzar unha cadela e as sús crías a través dun muro de 2,2 metros ao interior do Refuxio de Animais de Cambados. Trátase dunha parella de Vilanova de Arousa.
Estas dúas persoas foron identificadas por axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona). Son dous veciños do lugar de Ousensa, en Vilanova, e, segundo transcendeu, xustificou a súa forma de actuar alegando que atoparon aos cans nunha leira e non podían deixalos alí, así que optaron por arroxalos ao interior do refuxio.
Os feitos se produjern sobre as 19.00 horas da tarde do sábado 5 de xaneiro e os cans non sufriron danos, pero á vista do procedemento utilizado poderían haber ter importantes lesións. A cadela pesaba catro quilos e as súas crías medio.
Con intención de que os feitos non quedasen impunes, o Refuxio de Animais de Cambados presentou unha denuncia ante a Garda Civil presentando como probas as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade que teñen instaladas. Froito desta denuncia, os responsables foron identificados. Coinciden coas persoas que aparecen nas imaxes.
Os responsables do colectivo non dan credibilidade á versión da parella identificada, xa que lles recorda que existe un teléfono de contacto para chamar ao refuxio e sinala que o feito de que fosen de noite pódese interpretar co argumento de que sabían que non habería ninguén alí.
Ademais, indica que "no caso de que fosen abandonados, deberían chamar ao Concello responsable para a súa recolleita, que é o Concello de Vilanova de Arousa e non o Concello de Cambados" e recórdalles que "somos voluntarios e da mesma forma que nós axudamos e damos acubillo moitas veces nas nosas casas, este matrimonio puido facer o mesmo e esperar ao día seguinte" para levalos ao refuxio. "Quen nos axudará a pagar os gastos destes animais? Canto irresponsable hai solto", indican.