Sorteados os postos para o mercado de Seixo
Por Redacción
Ás dez da mañá deste luns o salón de plenos do Concello de Marín acolleu o sorteo dos 43 postos de venda ambulante dispoñibles no mercado semanal de Seixo.
A presenza no sorteo era unha das condicións obrigatorias para poder ser adxudicatario dos postos.
Ademais as persoas que resultaron agraciadas dispoñen de 15 días para entregar toda a documentación que é necesaría para a concesión do posto, quedando o resto nunha lista de espera.
A previsión da concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, é que o mercado de Seixo se poida instalar todos os sábados en horario de 15.30 a 20.00 horas a partir do próximo outono, ocupando as rúas Camiño Vello e Acceso ao Grupo Escolar.