Luz verde ao novo edificio xudicial da Parda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaron este martes o acordo polo que se ratifica a aceptación dos terreos da Parda para construír un novo edificio xudicial de máis de 20 millóns de euros.
Ambos mandatarios amosaron a súa "satisfacción" polo sinatura deste documento que da luz verde a unha infraestrutura que segundo salientou Rueda Valenzuela é "moi merecida e necesaria na cidade do Lérez", polo que o executivo autonómico quere licitala á volta do verán e así poder adxudicar as obras antes de que remate o ano.
Deste xeito, pecharase o tortuoso camiño cheo de trabas administrativas que adiaron tres anos o calendario para que a cidade de Pontevedra conte por fin co seu novo edificio xudicial.
Para "non perder un minuto" o vicepresidente suliñou que a consellería de Administracións Públicas e Xustiza xa encargou os proxectos básico e de execución do edificio ao tempo que se facían as expropiacións.
Fernández Lores destacou que "dende o inicio o Concello deixou clara a súa vontade política e económica", asumindo unhas expropiacións que xa deixou pagadas no ano 2012, e modificando o planeamento para facer posible o proxecto. Iso si, mostrou o seu pesar polas trabas xurdidas á hora de rexistralos terreos.
Pola súa banda, Rueda agradeceu a colaboración do concello pontevedrés neste caso e contrapuxo esta actitude coa do Concello de Vigo ao que lle recordou que "cando os concellos colaboran a Xunta de Galicia cumple" e sinalou que no caso de Vigo a petición de terreos para poder construir a Cidade da Xustiza "que é moi necesaria" é moi anterior ao da capital.
NOVAS MELLORAS
Na reunión desta mañá, ademais de asinar a aceptación dos terreos, os arquitectos aproveitaron o encontro para amosarlle ao alcalde e ao seu equipo as últimas achegas feitas ao proxecto polos profesionais da Xustiza. O novo edificio busca o mellor para os seus usuarios e por ese motivo mantivéronse distintas reunións ao longo do proceso con todos os actores xudiciais, que aportaron as súas opinión e suxestións.
O novo edificio xudicial de Pontevedra contará con máis de 21.000 metros cadrados e espazo para albergar máis de 28 unidades xudiciais. O inmoble agrupará todos os xulgados dispersos agora mesmo na cidade e estará comunicado a través dunha pasarela co actual edificio xudicial, formando un único complexo.
Relacionadas:
-
A Xunta estuda a baixa temeraria de varias empresas que aspiran a construír o novo edificio xudicial
Por Natalia Puga |
-
O Concello ve nos Orzamentos 2016 da Xunta "un insulto" aos veciños e o PP "compromisos cumplidos"
Por Redacción |
-
Feijóo pon a Lores de exemplo de "colaboración" fronte a Caballero polo novo edificio xudicial da Parda
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda confirma a inminente licitación das obras do novo edificio xudicial da Parda
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta pecha o círculo ao aceptar os terreos cedidos polo Concello para os novos xulgados
Por Redacción |
-
A Xunta e o sector xudicial ultiman o proxecto dos futuros xulgados
Por Redacción |
-
Completan os trámites esixidos pola Xunta para ceder os terreos dos novos xulgados
Por Alejandro Espiño |