Evacúan en helicóptero un campista en San Vicente do Mar tras sufrir a picadura dunha avespa
Por Redacción
Importante susto o protagonizado por un veraneante en San Vicente do Mar, O Grove, tras sufrir a picadura dunha avespa.
Aínda que o home non era consciente de ter antecedentes alérxicos, a picadura produciulle un shock chegando nalgún momento a convulsionar, segundo confirman testemuñas presenciais.
O suceso produciuse durante a tarde do martes no Cámping Siglo XXI da citada localidade, que durante o mes de agosto recibe a visita de miles de persoas.
Inmediatamente dende o cámping, no que encontraba aloxado, alertouse os servizos de emerxencia, que acudiron ao lugar e solicitaron a presenza do helicóptero do 061.
Finalmente o home foi evacuado por aire a un centro médico, no que logrou recuperarse.