O Liceo Casino rende homenaxe a 16 novos socios de honra
Por Redacción & Mónica Patxot
Dezaseis novos socios do Liceo Casino pasan a ostentar dende este xoves a categoría de "socio de honra", como recoñecemento aos seus máis de 50 anos ininterrompidos como socios de número.
A distinción foille entregada a todos eles pola xunta directiva que preside Jaime Olmedo no transcurso dun emotivo xantar-homenaxe que o Liceo Casino de Pontevedra celebrou nas instalacións do Parque de Verán na Caeira, ao que asistiron preto de 200 persoas.
Ao longo deste ano 2015, os socios que alcanzaron o distintivo de "socio de honra" son: Juan Francisco Aldao Perandones, Rafael Arias Piñeiro, Ernesto Baltar Feijoo, José Bouzas Lois, José Ramón Carril Pan, Julio José Conde Malvar, Eloy García García, Carlos Gil Suárez, Ricardo López García, José Luis del Oro Vigo, Gonzalo Peón López, Juan José Pousa Real, Benigno Redondo Fraguas, Enrique Rodríguez Blein, Santiago Sánchez-Agustino Rodríguez e Fernando Vázquez Fontenla.
Tras a foto conmemorativa e á finalización do xantar, a sociedade impúxolles a insignia de ouro, facéndolle entrega do correspondente diploma que recibiron no medio dunha pechada ovación dos asistentes e con grandes mostras de emoción.
Todos eles recibiron tamén a felicitación do presidente do Liceo Casino, Jaime Olmedo, a quen acompañaban os compañeiros da súa xunta directiva. Como voceiro dos homenaxeados tomou a palabra Santiago Sánchez-Agustino Rodríguez. Ademais de recordar anécdotas e vivencias, fixo un divertido repaso musical, seguido e coreado con excelente humor polos asistentes.
Pechou o acto Jaime Olmedo insistindo, como en ocasións anteriores, en destacar que grazas a estes socios o Liceo Casino segue sendo un referente entre a sociedade pontevedresa.
Relacionadas:
-
Cincuenta anos de fidelidade ao Liceo Casino
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
Preto de 4.000 persoas participan no Baile de Gala do Liceo Casino, con posta de longo de 17 mozas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Posta de longo de 16 mozas no Baile da Peregrina do Liceo Casino, que contou con 3.000 asistentes
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Vinte anos do baile-cea en beneficio da Asociación Española contra o Cancro
Por Redacción |
-
Black Stones e Los Limones poñen o broche á gala do 50 aniversario do Liceo Casino na Caeira
Por Redacción & Diego Torrado |