O BOE oficializa a adxudicación das obras da autovía A-57 a San José
Por Redacción
As obras do primeiro tramo da autovía A-57, que unirá Vilaboa coa Hermida (Marcón), realizaraas finalmente a construtora San José. A noticia xa se coñecía tras darse a coñecer a través do portal do contratacións do Estado, pero esta semana oficializouse a través da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).
O BOE confirma a adxudicación da obra por 59.460.141,40 euros, cifra que supón unha rebaixa substancial en relación co prespuesto base polo que se adxudicara esta actuación, coñecida como a suposta circunvalación de Pontevedra. Saía a concurso por 86.311.716,36 euros e resultou adxudicada a San José, segundo o BOE, "por ser a oferta económica máis vantaxosa".
O contrato coa construtora xa se formalizou con data 2 de xullo, de modo que o inicio das obras podería ser inminente. De todos os xeitos, antes do seu inicio aínda pendente unha resolución xudicial. A plataforma veciñal Salvemos a Fracha presentou un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional polas presuntas irregularidades deste proxecto e, como medida preventiva, solicitou que se suspenda preventivamnte o inicio das obras ata que se resolva ese recurso.
A Audiencia Nacional admitiu a trámite o recurso e xa no mes de maio solicitou ao Ministerio de Fomento que informara en relación coa solicitude de paralización preventiva das obras, pero a plataforma veciñal aínda non recibiu ningunha notificación relativa a este asunto.
Salvemos a Fracha considera un "despilfarro sen ningún tipo de xustificación nin fundamento" que o Ministerio de Fomento destine 60 millóns de euros "nunha autovía que non é necesaria para as comunicacións de Pontevedra e o seu entorno, senón que é unha falsa circunvalación que se está a vender como tal para intentar conseguir un respaldo vecinal a un proxecto que non suporá beneficios para os pontevedreses".
Dende Salvemos a Fracha lembran seguen a agardar unha reunión coa ministra de Fomento, Ana Pastor Julián, que xa lle pediu por escrito en reiteradas ocasións e á que aínda non tivo resposta "a pesares de que o colectivo leva en loita contra a autovía A-57 dende abril do ano 2014 e presentou 20.000 sinaturas de cidadáns que piden sentido común antes de meterse nun proxecto faraónico coma este en época de recortes en servizos básicos", conclúe o escrito.
Relacionadas:
-
"Preocupación" de 'Salvemos a Fracha' polo "precipitado" proceso de expropiacións da autovía A-57
Por Redacción |
-
Fomento empeza a pagar as expropiacións dos terreos afectados pola A-57
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Pastor anuncia "en la primera quincena de octubre se va a iniciar la obra de la circunvalación"
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Marea pedirá no Pleno que o Concello de Pontevedra se postule contra a autovía A-57
Por Redacción |
-
Salvemos a Fracha pide ‘cautela’ a Fomento e que non se ‘precipite’ coa A-57
Por Redacción |
-
San José construirá o primeiro tramo da Autovía A-57 por 59,5 millóns
Por Redacción |