Marea quere que Pontevedra sexa cidade-refuxio para os desprazados sirios
Por Redacción
A iniciativa da alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, de crear unha rede de cidades-refuxio para acoller os desprazados da Guerra de Sirya chegou a Pontevedra e chegará ao próximo Pleno da Corporación a través dunha moción de Marea. A agrupación política quere que a cidade do Lérez tamén se sume.
Segundo anunciou este xoves, Marea Pontevedra presentará unha moción para a súa tramitación de urxencia coa intención de que o Concello de Pontevedra siga os pasos xa dados en Galicia por municipios como Lalín ou A Coruña e poña a disposición do Goberno de España as instalacións que normalmente se utilizan para acoller os peregrinos que realizan o Camiño Portugués, tales como o albergue da rúa Otero Pedrayo.
A proposta de Marea Pontevedra engade a idea de que se habiliten outras instalacións da cidade para dar acollida aos miles de persoas que escapan da fame e da guerra e que está a xerar unha grave crise inmigratoria sen precedentes e a Unión Europea.
Marea Pontevedra critica a actitude da Unión Europea, que se converteu nunha Europa fortaleza e cre que debe regresarse ao espírito de acollida ao refuxio que tivo no pasado. Ante esta situación, considera que debe abrirse un debate social sobre o actual modelo europeo "evidentemente anti-social e anti.democrático" e volver situar na axenda do debate a saída da OTAN.
Relacionadas:
-
PXOM, lombos en Montecelo e ENCE, entre as case 20 mocións dun Pleno que se prevé maratoniano
Por Alejandro Espiño |
-
Estudan abrir un censo para ceder vivendas vacías en Pontevedra a refuxiados
Por Redacción |
-
Cuntis e O Grove prepáranse para a posible chegada de refuxiados sirios
Por Redacción |
-
Petición cidadá para que a Cidade Infantil Príncipe Felipe acolla refuxiados sirios
Por Redacción |