A Deputación pedirá á Xunta a homologación oficial do título da Escola de Canteiros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, pedirá "coa máxima cordialidade" á Consellería de Educación que homologue o título que expide a Escola de Canteiros, en Boavista (Poio).
Carmela Silva visitou este martes as instalacións deste centro, dependente da administración provincial, que é toda unha referencia educativa e laboral en España e do que saen grandes profesionais que rapidamente atopan un posto de traballo, pero é "fundamental" que de aquí póidase obter un título homologado, polo que apelou á "lealdade institucional" para resolver esta carencia respecto ao único Centro que existe en Galicia dedicado á formación profesional da cantería.
A presidenta asegurou que mentres este Centro non poida ser transferido á Xunta, a Deputación seguirá apostando por esta Escola.
A Escola de Canteiros naceu no ano 1979 co respaldo do ministro de Cultura e Benestar, o pontevedrés Pío Cabanillas Gallas e a colaboración dos Mercedarios do Mosteiro de Poio que cederon un espazo para a posta en marcha do centro. Os alumnos fórmanse (de maneira teórica e práctica) en canteiría, modelado, escultura, debuxo técnico e artístico, laboratorio, informática, en historia da arte e tamén en construción.
O traballo en pedra está ligado dunha maneira indisoluble ao patrimonio galego por iso a presidenta Carmela Silva, anunciou que traballará na elaboración dun "proxecto de recuperación de todo o patrimonio en pedra que ten a provincia", articulando un programa que permita contratar a arquitectos, restauradores, canteiros.
"Galicia é terra de pedra e auga, temos un patrimonio en pedra na provincia que é un gran atractivo", dixo a presidenta provincial. Carmela Silva destacou que "temos que poñer en valor que os canteiros de Galicia son os mellores do mundo e non é chauvinismo". Así, estudará a posibilidade de abrir os talleres da Escola de Canteiros para que a cidadanía poida "visitar e coñecer" o traballo que dos "canteiros" e "mestres canteiros" que saen da escola de Poio.
Sorprendida pola grande cantidade de traballos que se almacenan nos talleres da Escola, Carmela Silva, afirmou que "temos que poñer todas estas obras de arte nos concellos". Para iso deberase elaborar un inventario con todas as esculturas que se atopan no centro "para que todo isto luza nos espazos públicos".
Tamén suxeriu a posibilidade de promover o traballo da Escola de Canteiros para a elaboración de mobiliario urbano.
Relacionadas:
-
O PP reclamará á Deputación que inste ao Goberno central a homologar os estudos da Escola de Cantería
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PSOE lembra ao PP que a Xunta debe asumir a titularidade da Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
Contratan dous canteiros pontevedreses para a restauración do edificio do Capitolio, en Washington
Por Oskar Viéitez |
-
Abre o prazo para acceder á Escola de Canteiros
Por Redacción |
-
A Deputación promove un inventario de recursos patrimoniais da provincia
Por Redacción |
-
A Escola de Canteiros instala o cruceiro de homenaxe a Garda Civil de Pontevedra
Por Redacción |