Os traballadores de Treves establecen condicións para negociar o ERE plantexado pola empresa
Por Redacción
Os traballadores de Treves queren retomar as negociacións coa empresa en relación al Expediente de Regulación de Emprego que pretende aplicar a dirección da multinacional. Foi o principal acordo ao que chegou a asemblea celebrada no edificio sindical de Pontevedra. Buscan una saída negociada a una situación laboral que ameaza con reavivar as mobilizacións na factoría.
As conversas para a negociación do ERE, que Treves busca aplicar durante 40 días este ano, rompéronse sorprendentemente o pasado mes de decembro cando existían poucas diferenzas para chegar a un acordo entre o comité e a empresa. Pero iso si, os traballadores establecen una serie de condicións para chegar a un acordo.
Segundo David Couñago, presidente do comité de empresa de Treves, insistirán en que haxa un reparto equitativo dos días de paro, de forma que todo traballador entre no ERE durante un tempo similar ao resto, un período que non excederá os seis días. Ademais, insisten en que o persoal regulado non cobre menos do 76,5 por cento do seu salario nos días de paro e que se comunique a cada traballador, con tres días de antelación, a súa entrada no ERE.
Pero quizais a esixencia máis importante dos traballadores é que a empresa garanta que non haberá despedimentos no ano 2013. Actualmente, a fábrica que Treves ten no Polígono de O Campiño conta con 150 traballadores, todos eles con contrato indefinido. Todo dependerá, segundo din desde a empresa, de que Citroën lles encargue a fabricación dunha serie de pezas para o seu novo modelo de automóbil.