A Escola de Canteiros instala o cruceiro de homenaxe a Garda Civil de Pontevedra
Por Redacción
A Escola de Canteiros da Deputación Provincial instalou con éxito na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra o cruceiro elaborado polos alumnos do centro e que foi doado á Benemérita en homenaxe polos servizos prestados á provincia.
O cruceiro consta de cruz con dúas imaxes nun só bloque, a dianteira de cristal e a traseira da Virxe Peregrina, un capitel ornamentado e unha vara ou fuste con dúas imaxes, unha de Santiago Peregrino e a outra da Virxe do Pilar.
Tamén ten un dado cos escudos da Deputación de Pontevedra, de Galicia e da propia Garda Civil, ademais dunha inscrición conmemorativa, e dunha fiada de pasos que forman unha plataforma.
Entre o grupo de alumnos que elaboraron o cruceiro durante o seu traballo na Escola de Canteiros, Rodrigo Garcia Giraldez encargouse da cruz, Alvaro Somoza Lopez da vara e capitel e Victor Manuel Otero Sanjorge elaborou o dado. Outro grupo de alumnos traballou na realización dos pasos.
En próximos días tamén se procederá á instalación do monolito que completa a homenaxe da Deputación de Pontevedra. A inauguración destes elementos, cruceiro e monólito, está prevista para o 12 de outubro.