Obradoiros grupais sobre a menopausa e o tabaquismo no Centro de Saúde de A Parda
Por Redacción
O centro de saúde de A Parda en Pontevedra planificou a celebración durante o vindeiro mes de outubro de dous obradoiros para tratar cos pacientes procesos coma a menopausa e o tabaquismo.
Este programa formativo e asistencial ofértase a pacientes de toda a comarca, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda. Poden pedir información contactando no teléfono 986-86.88.24.
O primeiro dos obradoiros profundizará no tratamento e adaptación á menopausa os vindeiros xoves 1 e venres 2 de outubro en horario de 10:30 a 11:30 horas e estará coordinado e organizado pola enfermeira Carmen Abeledo Márquez.
Así mesmo, neste obradoiro sobre a menopausa analizaranse as súas etapas e síntomas, aportando consellos para manterse saudable tras este proceso vital femenino e facendo un estudo dos seus factores de risco.
OBRADOIRO SOBRE O TABACO
Outro obradoiro que se celebrará os vindeiros xoves 15 e venres 16 de outubro en horario de 10:30 a 11:30 horas analizará desde diversas perspectivas o tabaco, explicando os múltiples beneficios de saúde que xenera o abandono deste hábito perxudicial nos pacientes e expoñendo diversas técnicas e estratexias neste eido.
Así mesmo, esta actividade formativa no centro de saúde de A Parda plantexará aos asistentes iniciativas de actividade física, expoñendo tamén beneficios e estilos de vida saudable.
Neste sentido, este centro de saúde celebra un obradoiro de actividade física todos os mércores de 10 a 11 horas, no que é necesario dispoñer de cita previa, do mesmo xeito que un obradoiro de actividades físicas para mellorar a espalda, para pacientes de Fisioterapia derivados polo médico.